Nacho Mirás. Rabudo, periodista, gaiteiro, e profesor de Dereito

Spread the love

catedral17092010[1]Deixounos estes días, o 14 de outubro de 2015, o profesor da Universidade de Santiago de Compostela Nacho Mirás Fole. Galego polos catro custados,  cunha costela leonesa, aínda por riba!! (vide)

A súa fecunda traxectoria que con só 44 anos levoulle a asinar recoñecidísimas páxinas da Voz de Galicia; o seu premiado blog vital, recovertido a literatura médica con moitísimos fans, o «Rabudo.com» (recolleito por planeta no best seller «O mellor peor momento da miña vida«, 2014; e citado por aca, allá e acullá);  non fan de menos o labor docente do Profesor Mirás Fole nas aulas de Dereito.

Os seus alumnos, iniciados por tan brillante mestre nas lides da redacción, o colexio de avogados de Galicia que o premiara non fai moito, homenaxeábanno esta fin de semana, có resto de amigos, familiares e compañeiros. Imos dando conta dalgunhas  sentidas, morriñentas, agarimosas testemuñas xordidas nestes días, dende curunchos electrónicos  diversos. D.E.P.

Ata outra, Nacho. Vai escribindo crónicas dende o teu novo destino, que máis pronto ou máis tarde ímolas precisar. Vai escollendo cafés, bares e chiringos, que antes ou despois gozarémolos xuntos tamén nesas moradas. Vai afinando a gaita, segue adestrando a pluma, e se che queda algún tempo de lecer, non esquezas achegarnos algún post. Lerémolo có corazón.

Publicado por

Elena F Pérez Carrillo

Doctora en Derecho. Profesora de Derecho Mercantil Universidad de León